miércoles, 16 de octubre de 2013

Samaín: Festa de benvida ao Aninovo Celta



Na noite do 31 de Outubro ao 1 de Novembro celebrábase o fin da temporada de colleitas. Isto ocorría así na cultura celta e era considerada como o " Aninovo Celta". Daba comezo a estación escura. Por iso, é tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ao novo mundo. Era o Samaín. 

Isto é o que vos queremos queremos transmitir desde o Restaurante d'Carla . O fin dun mal ano e a chegada dunha nova etapa. Sempre ilusionante e esperanzandora.

Nestes días, véñennos á cabeza lembranzas da infancia. Esas noites frías e escuras nas que moitos de nós iamos á cociña a por un vaso de auga e atravesabamos o corredor iluminado polas 'mariposas' flotando en aceite naquelas cunquiñas. Iamos con medo de toparnos cos espíritos bos que só nesa semana voltaban á casa.
Lembro con morriña, e quizás aínda cun pouco de medo, esas noites, pero este ano quero que sintades con nós A Maxia. O Encanto  e o pracer dos sentidos esperando unha nova era chea de sorpresas e de bos augurios.
Para min é unha noite especial que desexo compartir con todos vós.



CEA DO SAMAÍN

Por iso, témosvos preparada unha Cea Maridaxe onde mesturaremos de xeito maxistral as mellores viandas, cos mellores viños, a mellor música e a mellor compañía. O único obxectivo, divertirse.



A cea terá un invitado de luxo. O magnífico debuxante do Faro de Vigo, Gogue, honraranos coa súa presenza. Fixádevos se temos sorte, que esta mesma semana nos adicou unha tira do xenial Floreano. Estamos realmente moi orgullosos e agradecidos. Aquí vos deixamos o noso debuxo e outros que seguro vos farán sorrir.

















Gogue tamén aproveitará a visita para nos presentar os viños de Albariño Albamar Gogue, Mencías Ribeira Sacra Fusco e Fusco Gogue. Ademais, tamén contaremos con Xurxo, enólogo de Albamar.


Pero a festa non quedará aí. Antes propoñémosvos mover o voso precioso esqueleto cunha agradable sesión Gin-Cocktail ao ritmo da música de Zeppelinsound DJs. Diversión asegurada para todas las edades.

A vestimenta para vir á cea é libre. Aceptamos chaqués, garabatas, cabazas, esqueletos, zombis, caveiras, bruxas, meigas, trasnos, vampiros... O único que esiximos é que traiades posto o disfraz da alegría. Que veñades dispostos a pasalo en grande.

Será unha velada, TERRORIFICAMENTE DIVERTIDA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Blogging tips